RECUPERACIÓN

PRESENTACIÓN

Tralas alarmantes noticias que se tiñan sobre o gravísimo risco de extinción da raza, a mediados do ano 2000, a Xunta de Galicia inclúe á Galiña de Mos nos programas de recuperación de razas gandeiras e desde a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da administración galega, comézase o Programa de recuperación e Conservación da raza Galiña de Mos.

Nas primeiras prospeccións constatouse o deterioro que estaba sufrindo a raza ó localiza-los poucos exemplares que quedaban. O ilustre xenetista D. Fernando Orozco Piñán, que aportou a esta importante tarefa os seus grandes coñecementos, levouse unha gran alegría, xa que cando a partir de mediados dos anos setenta comenzou a localización das antiguas razas de galiñas españolas, non logrou atopar referencias sobre a raza e considerouna extinguida.

Gracias ó acceso que tivo o equipo técnico da administración galega a arquivos históricos, descubríuse o importante traballo que se fixera coa raza a principios de século. Observando aqueles datos morfolóxicos realizouse, baixo o asesoramento do Sr. Orozco, os primeiros apareamentos entre as mellores aves atopadas.

Trala observación dos resultados dos exemplares que se tiñan e sobre a base dos datos históricos observados, redactouse o patrón da raza e se creou o Rexistro de exemplares, tendo oficialidade coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia o 11 de maio de 2001.

No mesmo ano, os escasos criadores da raza que había neses momentos, conscentes do grave deterioro que sufrían os seus exemplares, crean a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS co obxetivo de aglutina-los esforzos na recuperación da raza. 

No mesmo ano, os escasos criadores da raza que había neses momentos, conscentes do grave deterioro que sufrían os seus exemplares, crean a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS co obxetivo de aglutina-los esforzos na recuperación da raza

Un impulso definitivo para a recuperación da raza foi a creación, a finais do ano  2001, da Unidade de Recuperación da raza Galiña de Mos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, pertencente á administración galega, no que se ubicaron galiñeiros en parques exteriores aloxando lotes de aves da raza para a realización dun Programa “Ex situ” de conservación da raza.  Desde ese momento os interesados pódense proveer de poliños dun día e os criadores de machos reproductores do Centro.

Nos últimos tres anos foron moi importantes os avances conseguidos na recuperación da raza, debido á correcta sincronización dos distintos programas.

Presentación

A RAZA

Historia
Recuperación 
Normativa
Patrón

A ASOCIACIÓN

Quen somos
Programa de cría

LECTURAS RECOMENDADAS

Artigos Técnicos
Bibliografía
Recortes de Prensa

IMAXES

Imaxes

NOTICIAS

Noticias

CONTACTOS

Como contactar
Enlaces
 

Por unha parte, a creación do Rexistro da raza, con funcionamento similar ó dos  libros xenéticos doutras especies gandeiras, permite poseer un arquivo dinámico, co que  podemos recoñecer oficialmente a cada exemplar da raza e desta forma saber o censo exacto en cada momento, así como toma-las decisións adecuadas dos  apareamentos. O  método usado para a identificación das aves é o crotal na á.

O control do Rexistro da raza o efectúa unha Comisión Rectora formada por membros da administración autonómica e da asociación, tomando as decisións adecuadas de cara á selección da raza. A valoración dos exemplares aptos para a súa  inclusión no Rexistro a efectúan unha serie de xuíces de valoración.

O programa atópase actualmente nunha fase na que os censos se están incrementando paulatinamente, pero aplicando unha importante presión de selección sobre a raza para ir eliminando aqueles defectos indesexables que seguen aparecendo.

VOLTAR ARRIBA