noticias

Estase preparando unha pequena mostra de exemplares da raza Galiña de Mos con motivo da 27ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia 2004.

 

Do 12 ó 16 de maio celébrase no recinto feiral de Silleda, Pontevedra, a edición do ano 2004 da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Esta é a feira agrícola-gandeira máis importante que se celebra en Galicia, sendo visitada anualmente por un cuarto de millón de persoas.

 

Con motivo desta celebración e co obxetivo de divulga-lo coñecemento da nosa raza, estamos organizando unha mostra de exemplares de Galiña de Mos, na que se exporán unha ducia de tríos de exemplares.

 

Aqueles criadores interesados en presentar como máximo un trío de exemplares deberano comunicar na oficina da asociación.