noticias

A Revista Arte Avícola publica un completo artigo sobre a Galiña de Mos.

 

A que probablemente é a mellor revista divulgativa sobre a cría de aves que se edita en España, publicou nos seus números 58 (ano 2003) e 59 (ano 2004) un completo artigo sobre a raza Galiña de Mos, escrito polo técnico cualificador e xuíz da raza D. Diego Rois.

 

Abórdanse na publicación diversos temas como unha breve introducción, historia da raza, a orixe xenética, primeiros pasos do programa de recuperación, situación actual, caracteres xerais, aspectos xenéticos, datos de productividade, patrón da raza e referencias bibliográficas. Ós textos acompáñalles abundante material fotográfico.