NOTICIAS

Gran éxito da exposición sobre a raza Galiña de Mos celebrada con motivo da 27ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia 2004.

 Con motivo da celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia do presente ano, entre o 12 e o 16 de maio no recinto feiral de Silleda, Pontevedra, organizamos  unha  exposición de exemplares sobre a raza na que participaron un total de once tríos e unha galiña con catorce poliños. Esta actividade servíu para divulga-la nosa raza entre a gran cantidade de visitantes que asistiron ó certame.