historia

PRESENTACIÓN

Por todos é sabido que a domesticación das galiñas se produxo a partir de especies salvaxes do sudeste asiático, expandéndose por tódolos rincóns do mundo coas distintas migracións dos pobos. 

A chegada das galiñas a Galicia producíuse coa entrada dos celtas. Os celtas non era un pobo que usara estas aves para a súa alimentación, pero si usaban os galos para o aspecto lúdico como eran as riñas de galos.

Posteriormente, como sucedeu noutras zonas europeas, outras civilizacións fixeron diversas aportacións ata obter tódalas galiñas que aparecían en Galicia.

Son numerosas as referencias históricas sobre a raza e sobre os distintos tipos de galiñas que existían en Galicia.

No ano 1920 Santos Arán e no 1941 Ricardo de Escuriaza y del Valle  -enxeñeiro agrónomo autor dunha cartilla avícola publicada no 1941 pola Cámara Oficial Agraria de A Coruña- falan de dous tipos de galiñas que existían en Galicia, a da costa e interior, de máis volume e peso, e a da montaña, de menor talla.  Escuriaza xa dicía que “esta raza de bo volumen e peso, de carne branca e exquisita a debemos de extraer do heteroxéneo conxunto existente”. Arán afirma que “la gallina de la costa es de mayor volumen, de carne de gran aceptación aunque de desarrollo lento, predomina en color leonado aunque no es raro ver mezclas de negro, ejemplares listados, cuca, etc. con patas y picos de color amarillo y desprovistos de plumas”.

Así que existían na nosa rexión diferentes tipos de galiñas sin clasificar. Entre estes tipos destacaba a principios de século un tipo de galos e galiñas campeiras que se criaban hacia o interior de Galicia predominando na comarca da Terra Chá na provincia de Lugo.

Presentación

A RAZA

Historia
Recuperación 
Normativa
Patrón

A ASOCIACIÓN

Quen somos
Programa de cría

LECTURAS RECOMENDADAS

Artigos Técnicos
Bibliografía
Recortes de Prensa

IMAXES

Imaxes

NOTICIAS

Noticias

CONTACTOS

Como contactar
Enlaces
 

Cando no ano 1942 o veterinario Juan Rof Codina ten o seu cargo a Estación Pecuaria Rexional de Galicia en Lugo, él e o seu equipo de traballo teñen como principal misión a de seleccionar a raza autóctona. Adquírense na parroquia de San Xiao de Mos, no Concello de Catro de Rei, Lugo, en plena comarca de A Terra Chá, os primeiros exemplares e ovos que se denominaron raza Mos, iniciándose a selección polo fenotipo e pola posta, utilizándose o nidal rexistrador.

Os lotes acusaban unha posta media de 63,63 ovos, cun peso medio de 58,81 gramos, e trala selección, ó seguinte ano a posta ascendeu a 100 ovos cun peso medio de 60 gramos. Afirma Rof Codina no libro “I Consejo Económico Sindical de la Provincia de Lugo” no ano 1955 que a galiña número 934 tivo unha posta de 154 ovos.

Son varios os prestixiosos autores que nesas datas recoñecen á calidade da raza como D. Salvador Castelló Carreras que no seu libro Mi libro de gallinas do ano 1949  di: “En la Provincia de Lugo y Comarca de Mos hay unas gallinas de mucho volumen y peso, con cuya pollería las campesinas preparan para las navidades unos soberbios capones y pollardas”.

D. César Ajenjo Cecilia na súa Enciclopedia de Avicultura do ano 1950 afirma: “Dentro de las variedades gallegas, destaca especialmente la que vive en la comarca de Villalba (Lugo),que  en el tiempo que estuve allí me pareción excelente por su rusticidad y producción de carne fina”. 

Rof Codina no seu libro de 1952 La Avicultura en Galicia afirma que a raza aínda que non ten todavía un patrón, xa se admite en exposicións celebradas en Madrid e A Coruña.

Cando se crea a Cátedra de Divulgación Pecuaria de Galicia no ano 1945, os seus profesores adícanse a impartir clases por tódalas provincias galegas os domingos e festivos. Rof Codina, na ponencia que da na II Asamblea Nacional de Avicultores y Exposiciones Avícolas no ano 1946 afirma que xa levaron as ensinanzas a vinte concellos da provincia de Lugo, oito na de A Coruña e, en breve comezarán un percorrido por doce concellos de Ourense, así como varios actos na provincia de Pontevedra. Nestas clases proyectábanse as razas de galiñas dando a coñecer á Galiña de Mos, seleccionada como a coñecemos actualmente.

No mes de setembro de 1944 celébrase o Congreso Rexional Agrícola Galego, estando entre os ponentes D. Juan Rof Codina e D. Esteban Ballesteros Moreno, ambos do Corpo Nacional Veterinario, que presentan a ponencia Plan de mejora en el rendimiento económico de la Avicultura na que xa contemplan a posibilidade de establecer un Sindicato de criadores da raza, ós que se lles daría normas para a súa selección. Afirman que no partido xudicial de Vilalba non serían repartidos reproductores doutras razas.

Así en anos posteriores, desde a antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia se reparten exemplares da raza extendéndose por toda a rexión.

Na antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia houbo lotes da raza ata o ano 1971, momento no que desaparece a súa sección avícola.

Na década dos anos sesenta se producen uns cambios enfocados hacia unha avicultura industrializada, introducíndose cruces entre razas para acadar altos rendementos, o que producíu un paulatino  abandono da cría de exemplares de Galiña de Mos, quedando circunscrita cada vez a menos lugares ata situar á raza na actualidade ó  borde da extinción.

VOLTAR ARRIBA