Volver

       

artigo 1º

ACTUACIÓNS PARA A CONSERVACIÓN DA GALIÑA DE MOS (por   Diego Rois).

 

            No mes de outubro de 2000, celebrouse na localidade portuguesa de Santarem o  III Congreso Ibérico sobre Recursos Genéticos Animales, no que presentamos un estudio en formato póster sobre as actuacións que se estaban comezando a realizar sobre o programa de recuperación e conservación da raza Galiña de Mos.

            Este traballo era unha continuidade do presentado polo veterinario Miguel Fernández e colaboradores, que no ano 1999 xa anunciaban o comezo das prospeccións para a recuperación da raza.

Publicáronse os datos máis relevantes que se ían atopando incluíndo unha primeira descripción da raza, da que saldría posteriormente o patrón.

Na imaxe anexa podemos ve-lo cartel presentado.